Unsere Besten

Unsere Besten ("O Noso Mellor") foi un programa de televisión ZDF, na Alemaña, no 2003, baseado no programa da BBC, Great Britons. A idea da serie era saber cales foron as persoas alemás máis importantes da historia.

O público podía votar (a través de carta, SMS ou Internet) para escoller dunha lista con máis de 300 persoas. Fíxose unha lista para excluír figuras controversas da historia alemá, como Adolf Hitler ou Erich Honecker, e para definir claramente quen era realmente considerado "alemán", debido ás mudanzas de fronteiras. Así, a inclusión de Nicolás Copérnico na lista científica causou controversia en Polonia onde é considerado heroe nacional. Igualmente criticadas foron as inclusións de Mozart e Freud por parte do público austríaco.


Developed by StudentB